Xenerais da Ulla

De onde é? Comarca da Ulla: A Estrada, Boqueixón, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces
Onde traballa? Comarcal
Que fai?

Ensinar, Impartir charlas, Organizar eventos, Facer publicacións, Crear exposicións, Divulgar en redes sociais, Reinterpretar en creacións contemporáneas

Os concellos desta comarca xuntáronse para a promoción e dinamización conxunta do entroido tradicional dos Xenerais da Ulla, procurando así que perdure o seu patrimonio etnográfico. Entre os seus obxectivos está favorecer as situacións e actividades interxeracionais culturais e etnográficas da zona, potenciando a interacción da poboación local cos visitantes. Asemade, buscan que o entroido sexa o eixo vertebrador do turismo da comarca.

Saber máis