O proxecto
Escoitamos falar moitas veces da riqueza e a importancia do noso patrimonio inmaterial, pero non tanto de quen adica o seu tempo a coidar deses coñecementos e das súas motivacións para facelo.
En BenCuriosa quixemos visibilizar ás persoas e colectivos que recollen, gardan e comparten estes saberes, que van dos oficios á tradición oral, pasando pola festa, a música e o baile, a cociña ou a memoria colectiva.
Así naceu esta páxina web: un espazo dixital que é froito dun proceso de investigación, comisariado por Sara Fraga, que contou co apoio da Deputación da Coruña a través do seu programa de Proxectos Singulares.
Un espazo no que poderás coñecer a artesáns, mestras, artistas, investigadoras, contacontos,… Persoas que quixeron compartir connosco información de primeira man sobre o seu labor, metodoloxía de traballo e motivacións.
As persoas detrás deste proxecto
Esta iniciativa comezou cun labor de mapeado de persoas e colectivos, comisariado pola nosa compañeira Sara Fraga. Tecemos redes, conectando puntos de diferentes territorios, atopando nexos de unión en forma de categorías e recompilando toda a información posible.
![Logo Concello de Carral](https://saberesproximos.gal/wp-content/uploads/2022/03/Logo-Concello-de-Carral-1.png)
![Logotipo Concello de Boiro](https://saberesproximos.gal/wp-content/uploads/2022/03/escudo-concello-boiro-e1454935151607.png)
![Logotipo Concello de Muxía](https://saberesproximos.gal/wp-content/uploads/2022/03/CONCELLO-DE-MUXIA.png)
![Logotipo Concello de Muros](https://saberesproximos.gal/wp-content/uploads/2022/03/escudo-Muros.png)
![Logotipo Concello de Sada](https://saberesproximos.gal/wp-content/uploads/2022/03/LOGO-SADA-FONDO-TRANSPARENTE-1-897x1024.png)