Queres estar ao tanto de
Saberes Próximos?

Este espazo, como todos os mapas vivos, pretende medrar pouquiño a pouco, da man de quen desexe sumar a súa experiencia ás moitas que xa están aquí recollidas.

 

Agora mesmo non temos aberta a posibilidade de sumar novas incorporacións, pero podes seguir o fío do que veña apuntándote aquí:

Traballas nunha entidade que pode colaborar con nós?

Diferentes concellos e institucións están a axudarnos a facer medrar este mapa de Saberes Próximos.

Un primeiro paso sería que poidades adicarnos un pouco do voso tempo a axudarnos a identificar e poder contactar coas persoas e colectivos que desenvolven este labor no voso territorio. Con esta colaboración, tanto elas como os saberes que falan do voso ámbito, terán unha maior presenza na Rede e acadarán un maior coñecemento. Tanto da vosa veciñanza como de persoas alleas á vosa contorna, pero con interese no eido patrimonial.

Nesta mesma liña de identificar novas persoas e colectivos, tamén estamos a realizar entrevistas audiovisuais, xornadas e outras actividades vinculadas co patrimonio local.

Sexa cal sexa a posibilidade de colaboración, escríbenos e falamos  😉