KIT formativo de Creación Audiovisual

Saberes Próximos é un proxecto que ten como finalidade conectar pero tamén visibilizar ás persoas que recollen, divulgan e coidan o noso patrimonio inmaterial.

No ámbito dixital, resulta fundamental poder contar con recursos audiovisuais que axuden a comunicar mellor as iniciativas. Como se pode comprobar nas fichas, hai proxectos que ofrecen vídeos propios, pero tamén hai outros que non: por iso pensamos que a posibilidade de avanzar neste ámbito podería ser, en xeral, interesante para todas.

Á hora de crear estes contidos audiovisuais o ideal sería contar con profesionais do sector que puideran botarnos unha man. Se isto non é posible, por orzamento ou porque exista tamén un interese creativo en facelo directamente, poñemos á vosa disposición esta pílula formativa adicada á Creación Audiovisual.

Trátase dunha proposta que vén da man das profesionais de Merenda Creativa, con quen colaboramos desde BenCuriosa.

 Se es unha persoa ou un colectivo mapeado en Saberes Próximos podes solicitar o acceso aos contidos en ola@saberesproximos.gal e pasarémosvos o enlace de acceso e as claves.

Agardamos que este recurso para #aprendercompartindo e #aprenderfacendo axude ás iniciativas mapeadas a seguir visibilizando, difundindo e divulgando Saberes Próximos 😉

Queres estar ao tanto de
Saberes Próximos?

Este espazo, como todos os mapas vivos, pretende medrar pouquiño a pouco, da man de quen desexe sumar a súa experiencia ás moitas que xa están aquí recollidas.

 

Agora mesmo non temos aberta a posibilidade de sumar novas incorporacións, pero podes seguir o fío do que veña apuntándote aquí: