As conversas
A intención de Saberes Próximos foi dende o principio coñecer de primeira man as motivacións e o xeito de traballar das persoas que conforman esta rede. Por esta razón, ao longo do proxecto decidimos falar máis de vagar con varias recompiladoras que traballan en distintos eidos do patrimonio inmaterial.
Nas Conversas dos Saberes Próximos falamos dos saberes e tradicións galegas pero, sobre todo, dos valores que hai detrás deles. Así, descubrimos os puntos de unión entre a artesanía, a historia rural, as celebracións populares, a música tradicional ou a agricultura.
-
01 | Presentamos As Conversas dos Saberes Próximos
Que son estas conversas? Estreamos As Conversas dos Saberes Próximos e convidámosvos a escoitar os primeiros episodios! 😉 A través deste formato poderemos coñecer diferentes persoas que compoñen os puntos no mapa de Saberes Próximos. Anímaste a escoitalas? Aquí che deixamos a presentación na que Sara Fraga, moderadora das conversas e Sergio Lago nos… Ler máis »01 | Presentamos As Conversas dos Saberes Próximos
-
02 | Falamos con Carme Romero
Falamos con Carme Romero: “O traballo é o que fala de cada un” Carme Romero adentrouse no mundo da cerámica vivindo en Madrid, mais as súas obras sempre falaron de Galicia. A familia de Carme é un exemplo da transmisión xeracional das tradicións, sobre todo musicais. A día de hoxe adícase a crear… Ler máis »02 | Falamos con Carme Romero
-
03 | Falamos con David Fontán
Falamos con David Fontán: “O mundo ensina moito a un” David Fontán é Xornalista e Historiador. Medrou na cidade da Coruña, pero sempre estivo moi ligado ao rural, sobre todo a través da súa avoa, Lola de Feito, das Encrobas. Actualmente é investigador pre-doutoral no Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. As… Ler máis »03 | Falamos con David Fontán
-
04 | Falamos con Emilia Cagiao
Falamos con Emilia Cagiao: “Viva a unión, carallo!” Emilia Cagiao é a principal impulsora da recuperación do Entroido de Samede, do Concello de Paderne. Cando as últimas xeracións que viviron e gozaron o Entroido desta aldea estaban a piques de deixarnos, Emilia soubo del axudando ao seu fillo para un traballo da escola. Hoxe… Ler máis »04 | Falamos con Emilia Cagiao
-
05 | Falamos con Begoña de Bernardo Miño
Falamos con Begoña de Bernardo Miño: “Antes aproveitábase todo” Begoña de Bernardo é enxeñeira agrónoma e na súa Casa de Turismo Rural Casa Pousadoira, herdada da familia da súa nai, pon en práctica moitas das súas aprendizaxes, tanto universitarias coma da agricultura tradicional galega. Begoña atopa nas tradición galegas moitos dos valores que defende o… Ler máis »05 | Falamos con Begoña de Bernardo Miño
Créditos
Este podcast está producido por Jorge Lama (@raivenra), guionizado e conducido por Sara Fraga, baixo a coordinación de BenCuriosa. Ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.
Agradecemos que vos subscribades ao podcast na vosa plataforma favorita, así como calquera axuda na difusión ou comentario que nos deixedes en redes sociais baixo o cancelo #SaberesProximos
Créditos músicas e cortes empregados para a cabeceira
- Schubarth-Santamarina (1980) (A Fonsagrada). Muiñeira con trompa. [., Herminio] Gravación musical cedida polo Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (Apoi) do Museo do Pobo Galego con licencia de uso non comercial.
- Extracto do trailer do documental Dorothé na Vila
- Extracto do vídeo “Muller Ferreña. Felisa Segade, Ivan Vilela & Pablo Castaño, Alba Cid” (aCentral Folque, Textos e voz en off de Alba Cid, realización de Rafa Xaneiro)
- Extracto do vídeo “Como se regueifa?” (Lupe Blanco, CPI Alcalde Xosé Pichel)
- Extracto do trailer do documental Dorothé na Vila
- Extracto do vídeo “María da Pontragha. Sobre o que conta. De Perto 2018” (verdetoxo)
- Extracto do vídeo “Muller Ferreña. Felisa Segade, Ivan Vilela & Pablo Castaño, Alba Cid” (aCentral Folque, Textos e voz en off de Alba Cid, realización de Rafa Xaneiro)
- Extracto do vídeo “María da Pontragha. Sobre o que conta. De Perto 2018” (verdetoxo)
- Extracto do vídeo “Muller Ferreña. Felisa Segade, Ivan Vilela & Pablo Castaño, Alba Cid” (aCentral Folque, Textos e voz en off de Alba Cid, realización de Rafa Xaneiro)
- Extracto do trailer do documental Dorothé na Vila
- Extracto do vídeo “Relatorio Vero Rilo, narradora” (Consello da Cultura Galega)