Falamos con David Fontán: "O mundo ensina moito a un"

 

David Fontán é Xornalista e Historiador. Medrou na cidade da Coruña, pero sempre estivo moi ligado ao rural, sobre todo a través da súa avoa, Lola de Feito, das Encrobas.
 
Actualmente é investigador pre-doutoral no Departamento de Historia da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de traballo teñen que ver principalmente coa historia rural e ambiental, e particularmente coa relación entre o manexo colectivo e a sustentabilidade (o Laboratorio Ecosocial do Barbanza ten moito que ver con isto).
 
 Ademais da conversa, podes saber máis na súa ficha na nosa rede 😉

 

Créditos

Este podcast está producido por Jorge Lama (@raivenra), guionizado e conducido por Sara Fraga, baixo a coordinación de BenCuriosa. Ten unha licenza Creative Commons Recoñecemento-CompartirIgual 4.0 Internacional.

Agradecemos que vos subscribades ao podcast na vosa plataforma favorita, así como calquera axuda na difusión ou comentario que nos deixedes en redes sociais baixo o cancelo #SaberesProximos

Créditos músicas e cortes empregados para a cabeceira