David Fontán Bestilleiro

De onde é? A Coruña
Onde traballa? Galego
Que fai?

Ensinar, Impartir charlas, Organizar eventos, Facer publicacións, Crear exposicións, Divulgar en redes sociais

Nas súas propias palabras, David contesta así á pregunta de cal foi a razón pola que comezou a adicarlle tempo a recompilar saberes: “Podería dar cen mil motivos, pero penso que o primeiro (e o primordial) foi terme criado con miña avoa, Lola de Feito, de quen tanto aprendín. A súa forma de ver o mundo é semente”. Agora, esta actividade atópase de xeito transversal nos seus proxectos, buscando o coñecemento e recoñecemento das culturas populares e particularmente labregas e do seu legado, esencial para a construción do futuro.

Actualmente é investigador predoutoral no Departamento de Historia da USC. As súas liñas de traballo teñen que ver principalmente coa historia rural e ambiental, e particularmente coa relación entre o manexo colectivo e a sustentabilidade (o Laboratorio Ecosocial do Barbanza ten moito que ver con isto). Porén, os seus intereses dentro e fóra do ámbito profesional son máis amplos, polo que leva moitos anos adicándolle tempo tanto no plano laboral como no activismo á recuperación da cultura e da memoria popular en distintos eidos, como é o caso do folclore (pro exemplo, en proxectos como Punto e Volta).

Saber máis