Xavier Martín
Técnicas e oficios artesanais
De onde é? Vilarmaior
Onde traballa? Ámbito internacional
Que fai? Formación e contacto directo co oficio
En Taxus, o seu obradoiro, Xavier Martín tornea a madeira de modo artesanal. Traballa “todo tipo de pezas e estilos, preferentemente en madeiras autóctonas”. Faino con dous obxectivos: por unha banda, “manter o sedimentado no oficio” e, por outra, “pór actualidade nel”. Así, ademais de adicarse á elaboración de todo tipo de pezas, ofrece formación a quen queira achegarse a este mundo.