Rede Galega de Sementes
Alimentación e saúde Técnicas e oficios artesanais
Ensinar, Impartir charlas, Organizar eventos
A rede Galega de sementes é un colectivo preocupado pola conservación e mellora da biodiversidade agrícola. Nace coa intención de potenciar o uso de sementes de variedades tradicionais fronte as variedades comerciais para salvagardar a soberanía alimentaria.
O obxectivo fundamental da rede é facilitar e promover o uso, produción, mantemento e conservación de variedades antigas e locais de especies hortícolas e froiteiras, así como a conservación de especies forestais autóctonas e a promoción dos usos tradicionais das plantas silvestres, poñendo a disposición das labregas as ferramentas e recursos necesarios para acadar tal fin.
Trátase dunha rede aberta a todas aquelas persoas e colectivos interesadas en manter e trocar variedades locais e antigas e ás persoas que queiran colaborar en que isto se leve a cabo. A Rede organízase en grupos comarcais autoxestionados e independentes que levan a cabo distintas accións encamiñadas a acadar os obxectivos marcados.