Raquel Queizás

De onde é? Pontevedra - Verín
Onde traballa? Galego
Que fai?

Ensinar, Reinterpretar en creacións contemporáneas

Raquel Queizás defínese como contadora de historias. A súa paixón pola narración oral, a lingua, a lectura e o teatro naceu das historias que lle escoitaba aos seus avós. De feito, ela contao coas súas propias palabras: “Quizais fose polos contos que me contaba a miña avoa (porque a memoria dos antepasados non só é vida, senón sabiduría pura), quizais porque a nena que levo dentro segue soñando con ese mundo de fantasía, fose como fose, os contos forman parte da miña vida persoal e profesional”.

Nos seus espectáculos inclúe lendas e contos tradicionais, ademais de adaptacións de contos de autor e historias propias. A maiores, un punto forte dos seus espectáculos é que inclúe ao público nas súas historias, xa sexan adultos ou cativos.

Saber máis