Ouvido Algures

De onde é?
Onde traballa? Galicia
Que fai? Divulgar en redes sociais

Esta persoa anónima publica nunha conta de Instagram refráns, ditos populares e expresións “curiosas” na nosa lingua que as persoas lle envían, indicando quen llos facilita, a quen llos ouviu e de onde é esa persoa.
Considera que as iniciativas non oficiais, individuais ou colectivas, son fundamentais para a normalización da nosa lingua, algo que para ela é demasiado serio como para o deixar unicamente nas mans das institucións.

Os seus obxectivos son mostrar que a lingua é un medio de comunicación, mais, sobre todo, un vehículo de transmisión cultural, un elemento identitario. Tamén quere lembrar expresións esquecidas ou perdidas a quen soubo delas e dalas a coñecer a quen nunca as ouviu, para “(re)activalas”. Ademais, co proxecto procura patentizar que existe (ou que pode existir) unha fala popular non españolizada que cómpre fortalecermos e divulgarmos e que pode (e debe) servir como modelo de lingua para un rexistro informal, e polo tanto, transmitir que non necesitamos recorrer ao castrapo para facer humor.

Mais o seu instagram procura responder preguntas e a tenta solucionar dúbidas a través das mensaxes privadas da conta, nas que a troca de información (bilateral) é constante.

Saber máis