Olaia Tubío e Alejandro Gándara

De onde é? Rois e Zas
Onde traballa? Galego
Que fai?

Divulgar en redes sociais, Realizar pezas audiovisuais e presentalas

Olaia e Alejandro eran alumnas de escolas de música e baile tradicional, onde tiveron profesoras que fomentaron nelas a curiosidade sobre esta parcela da cultura galega. A súa actividade é principalmente audiovisual, realizando dous proxectos, moi centrados na investigación e a aprendizaxe, relacionados coa música galega de tradición oral. Un en forma de entrevistas soltas, que é Punto e Volta (con outras dúas compañeiras), e outro en forma de longametraxe documental, que é Dorothé na Vila.

Saber máis