Mercedes Peón

De onde é? Oza-Cesuras
Onde traballa? Internacional
Que fai?

Impartir charlas, Organizar eventos, Facer publicacións, Divulgar en redes sociais

A súa sensibilidade artística levouna a achegarse á música e o baile tradicional. A súa vida construiuse dende un eido musical-político, dende a auto estima cultural escollida por ela mesma. Nas súas reinterpretacións conxuga as composicións propias coa enerxía que lle compartiron as tocadoras das aldeas, amigas admiradas e coetáneas. Deixa voar a creatividade participando en composicións de obras propias e colectivas, facendo bandas sonoras para filmes ou traballando nos espazos sonoros para danza. Tamén participa en encontros de pensamento que están baseados na confrontación cos micro hábitat das aldeas.

O seu obxectivo na actualidade é seguir creando e relacionarse o máximo posible coa creación dende os coidados. Actualmente traballa no eido musical, en proxectos culturais, artísticos, de danza, pezas escénicas e tamén no desenvolvemento do pensamento en proxectos como “Somos Pandeireteiras”.

Saber máis