MAOS Innovación Social
Memoria da vida cotiá Tradición oral e outras expresións artísticas
Impartir charlas, organizar eventos, facer publicacións, crear exposicións, divulgar en redes sociais
MAOS Innovación Social é unha cooperativa galega que desenvolve traballos de etnografía, xestión cultural e comunicación. No eido da etnografía aborda “proxectos relacionados co patrimonio inmaterial e a memoria (historias e relatos de vida, memoria dos espazos, recollida e posta en valor do PCI, etc), para o cal adaptamos a metodoloxía etnográfica ás necesidades específicas de cada proxecto”.
En canto á xestión cultural “ideamos, desenvolvemos e coordinamos proxectos nos ámbitos cultural, social e patrimonial, ademais de realizar rutas, estudos e investigacións relacionados con eses ámbitos”. E, por último, no mundo da comunicación e produción de contidos, “xestionamos a área comunicativa de proxectos propios e doutras entidades públicas ou privadas (elaboración de plans de comunicación, xestión de redes sociais, etc.). Tamén elaboramos e difundimos materiais didácticos, exposicións e publicacións.
Por outro lado, como parte do noso compromiso coa lingua galega, contribuímos á divulgación de contidos non accesibles en galego a través dun servizo de tradución e corrección”.