Lupe Blanco
Literatura oral e outras expresións artísticas
De onde é? Coristanco
Onde traballa? Galego
Que fai?
Ensinar, Impartir charlas, Organizar eventos, Facer publicacións, Divulgar en redes sociais
É regueifeira e formadora, impartindo obradoiros de regueifa por centros de ensino de toda a comunidade. Comezou a súa andaina a través da Asociación Oral de Galicia, onde lle ofreceron impartir obradoiros e pouco a pouco viu nesa actividade un traballo para ela.
Co seu traballo busca transmitir o potencial a nivel educativo da tradición oral a día de hoxe nas escolas, tanto para promover o galego como valores sociais.