Fiandola
Música e baile tradicional
De onde é? toda Galiza, con base en Betanzos
Onde traballa? Galego
Que fai?
Ensinar, Facer publicacións, Divulgar en redes sociais, Reinterpretaren creacións contemporáneas
Fiandola é un grupo de música galega de raíz que intenta recuperar as cantigas e pezas recollidas en traballos de campo ao longo de moitos anos. Esta recompilación de músicas de transmisión oral comezou debido á súa paixón pola mesma e a día de hoxe adícanse a divulgala para que as vindeiras xeracións as coñezan. Ademais, buscan crear un espazo musical adicado sobre todo ao baile tradicional.