Felisa Segade e Montse Rivera
Celebracións e costumes sociais Literatura oral e outras expresións artísticas Música e baile tradicional
Ensinar, Impartir charlas, Reinterpretar en creacións contemporáneas
Felisa e Montse son mestras de baile, pandeireta e canto, ademais de formar parte de distintas propostas artísticas ao redor da cultura tradicional. Pola súa parte, Felisa é compoñente de Tres Pesos e Montse de Pesdelán, “Cóntoche un traxe”, María Balteira a bailadora primeira ou “As Armadanzas”.
Ambas eran compoñentes da agrupación Cantigas e Agarimos e nesa asociación coñeceron o que era ir de recollida, actividade da que quedaron fascinadas.
Como quixeron coñecer máis, formaron un equipo de recollida e mercaron unha cámara de vídeo. O seu obxectivo era, en primeiro lugar, que toda esa riqueza cultural non se perdera, e en segundo, ter material para as súas clases de baile e pandeireta. Asi, comezaron a adicarlle os domingos a este labor, xa que os sábados daban clases e durante a semana tiñan que estudar.