De Ninghures

De onde é? Carballo, Compostela e A Fonsagrada
Onde traballa? Galego
Que fai?

Ensinar, Impartir charlas, Organizar eventos, Divulgar en redes sociais, Reinterpretar en creacións contemporáneas

Este grupo de mozos e mozas realiza unha interpretación da música de raíz dende o seu punto de vista, pouso e influencias musicais. A súa andaina comezou nas foliadas, onde este grupo comezou a coincidir e compartir as súas inquedanzas pola tradición musical galega. Co tempo foi aumentando o seu compromiso e a necesidade de crear unha proposta máis completa e divulgativa. O seu obxectivo parte da necesidade de que a xente nova puxe por manter viva a cultura tradicional galega dende todos os ámbitos de acción. No seu caso, aportan ese graíño de area dende a música e o baile tradicional galego.

 

Saber máis