Colectivo veciñal de Praia Xardín
Celebracións e costumes sociais Literatura oral e outras expresións artísticas
Organizar eventos
A veciñanza organiza o Domingo de Piñata un entroido comunitario: o Enterro da Cunca. Esta celebración forma parte dos catro entroidos populares e tradicionais de Boiro e conéctase cos outros tres a través dun roteiro popular facilitado polo Concello.
En palabras do colectivo veciñal, o Enterro da Cunca ten como finalidade principal “reforzar a veciñanza e o sentimento de comunidade”. A través da recuperación da tradición, que consiste nunha comitiva fúnebre que pasea e queima a figura da bebida que se abandona na Cuaresma, din que “dinamizamos o noso barrio, que ten moitos elementos de vida en común, pero carecía dunha festa propia”.