Carme Romero Díaz
Literatura oral e outras expresións artísticas Técnicas e oficios artesanais
De onde é? Fene
Onde traballa? Só no propio concello
Que fai?
Ensinar, Impartir charlas, Facer publicacións, Crear exposicións, Divulgar en redes sociais, Reinterpretar en creacións contemporáneas
Carme defínese como unha persoa creativa que usa a cerámica como soporte para espallar a nosa cultura, tradición e lendas. O seu proceso artístico comeza documentándose sobre a tradición, na que se inspira e trae ao noso tempo. As súas pezas son normalmente mulleres coas que conta historias do que lle move a nivel tanto emocional coma estético.