Carme Campo e Chus Caramés, “Andar cos Tempos”
Música e baile tradicional
Ensinar, Impartir charlas, Organizar eventos, Facer publicacións, Crear exposicións, Divulgar en redes sociais, Reinterpretar en creacións contemporáneas
Carme Campo e Chus Caramés son educadoras e profesoras de baile tradicional. Estas facetas de coidado e difusión do noso patrimonio cultural inmaterial crearonlles a necesidade como bailadoras, pero sobre todo, como mestras de baile, de poder transmitilo sen os estereotipos sexistas (e a carga de xénero) cos que lles tiña chegado a elas.
Andar cos Tempos é un proxecto que nace en 2015 para revisar o baile e a música tradicional galega con perspectiva de xénero. Os seus puntos de traballo até o de agora foron: Identificar os estereotipos de xénero e a carga sexista que transmiten.
Investigar, analizando diferentes arquivos con perspectiva feminista, así como realizar traballo de campo a través de entrevistas para estudar como se comportaban as anteriores xeracións no festexo con música e baile tradicionais son as súas principais actividades.
Buscan divulgar un concepto do tradicional como algo vivo, dinámico e aberto aos cambios que a comunidade portadora queira achegar para beneficialo e beneficiármonos como colectivo.
Procuran, a través da súa actividade, ofrecer ferramentas á comunidade vinculada ao baile e música tradicionais coas que desbotar o machismo do baile e na música. Conseguir que esta parte importante do noso patrimonio cultural inmaterial se transmita sen contidos discriminatorios de ningunha razón, especialmente de xénero.