As Lolas da Cascarilla
Técnicas e oficios artesanais Xogos tradicionais
De onde é? San Sadurniño
Onde traballa? Internacional
Que fai?
Ensinar, Facer publicacións, Crear exposicións, Divulgar en redes sociais
As Lolas da Cascarilla adícanse a facer artesanía con folla de millo, sobre todo bonecas e frores. Paseniñamente foron recuperando estes xoguetes tradicionáis que facían as súas avoas para que, na actualidade, a venda destes artigos se convertise no seu sustento económico. O cultivo do millo é fundamental para conseguir a materia prima das bonecas e frores que realizan, polo que recuperar sementes autóctonas tamén se converteu nunha parte importante do seu labor.