Alejandro Martínez Míguez
Música e baile tradicional
De onde é? Santiago de Compostela
Onde traballa? Galego
Que fai? Ensinar, Impartir charlas, Facer publicacións, Divulgar en redes sociais
Alejandro criuse e vive no rural e foi o amor pola xente das aldeas o que o motivou a recompilar patrimonio inmaterial galego, buscando coñecer e preservar o acervo cultural que gardan na súa memoria. O seu labor consiste na recollida destas manifestacións culturais en Galicia e nas súas áreas limítrofes co obxectivo de deixar constancia do mesmo e tamén para a súa difusión, compartíndoo como mestre de baile e música tradicional principalmente.