AC A dorniña de Abanqueiro
Celebracións e costumes sociais Literatura oral e outras expresións artísticas
Impartir charlas, Organizar eventos, Facer publicacións, Divulgar en redes sociais, Reinterpretar en creacións contemporáneas
Esta asociación cultural é a responsable de manter vivo un dos catro entroidos tradicionais de Boiro: o Enterro do Óso, que ten máis de cen anos de historia. Fano porque “o levamos moi dentro da nosa identidade parroquial e porque tocaba coller o relevo da organización” e co obxectivo de “continuar con esta tradición centenaria que nos identifica”.
O Enterro do Óso celébrase, coma os outros tres, no Domingo de Piñata, e consiste nunha comitiva fúnebre que enterra o óso dun animal na casa da última parella que casara na parroquia. Organízase de forma comunitaria e a veciñanza vai rotando nos roles do Entroido e na organización do mesmo.