AAVV Fontenova

De onde é? Boiro
Onde traballa? Só no propio concello
Que fai?

Organizar eventos

A asociación de veciñas organiza o entroido tradicional da parroquia boirense de Santiago de Lampón: o Entroido do Felipiño do Escarabote. Trátase dunha festa con sesenta e cinco anos de historia, que se coida e mantén co obxectivo de “continuar coa vida comunitaria e coas tradicións que nos dan cohesión social”.


Este entroido -un dos catro tradicionais que se celebran en Boiro- consiste nunha comitiva fúnebre que pasea e queima un símbolo negativo para comezar a Cuaresma. Coma os outros tres, cos que está conectado a través dun roteiro facilitado polo Concello, celébrase o Domingo de Piñata.

Saber máis